Telefónica vende a súa filial en Colombia por 368 millóns de euros
Telefónica Hispanoamérica, S. A., filial 100 % propiedade de Telefónica, anunciou esta madrugada que alcanzou un acordo para a venda a Millicom Spain, S. L. da totalidade das accións que posúe en Colombia Telecomunicaciones S. A. E. S. P. BIC, representativas do 67,5% do seu capital social
"O peche da transacción está suxeito a determinadas condicións, incluída a obtención das pertinentes aprobacións reguladoras e a acordos coa Nación–Ministerio de Facenda e Crédito Público da República de Colombia e mais a acordos con Empresas Públicas de Medellín E. S. P.", explica a compañía

Telefónica Hispanoamérica, S. A., filial 100 % propiedade de Telefónica, anunciou esta madrugada que alcanzou un acordo para a venda a Millicom Spain, S. L. da totalidade das accións que posúe en Colombia Telecomunicaciones S. A. E. S. P. BIC, representativas do 67,5% do seu capital social.
"O prezo total das accións representativas do 67,5 % do capital social de Colombia Telecomunicaciones S. A. E. S. P. BIC cuxa transmisión se acordou ascende a 400 millóns de dólares estadounidenses (aproximadamente, 368 millóns de euros ao tipo de cambio actual) e estará suxeito aos axustes de prezo habituais neste tipo de transaccións", anunciou a compañía mediante un comunicado.
"O peche da transacción está suxeito a determinadas condicións de peche, incluída a obtención das pertinentes aprobacións reguladoras e a acordos coa Nación–Ministerio de Facenda e Crédito Público da República de Colombia e a acordos con Empresas Públicas de Medellín E. S. P.", explica a compañía.
"Esta operación enmárcase dentro da política de xestión de carteira de activos do Grupo Telefónica e está aliñada coa súa estratexia de reducir gradualmente a exposición a Hispanoamérica", conclúe.