Novas
Contido coa etiqueta .
Colombia
Liberadas trece vítimas de explotación laboral que coidaban anciáns as 24 horas
20/10/2024 10:45
Detidos en Sevilla e Cádiz oito responsables dunha rede colombiana de trata de seres humanos que as tiñan ameazadas
O Poder Electoral colombiano investiga irregularidades na campaña de Petro
08/10/2024 23:27
O CNE considera que Petro e outros membros do seu equipo deberán responder "pola presunta vulneración do réxime de financiamento das campañas electorais", pois sospeita que superaron os topes de gasto establecidos e recorreron a fontes prohibidas que non declararon
Petro di que a decisión supón "o arranque dun golpe de Estado" e sostén que este órgano non ten competencia para investigar un presidente
Israel chama antisemita a Petro despois de que Colombia anuncie a ruptura de relacións
01/05/2024 21:34
Este xoves os colombianos rompen relacións con Israel polo "xenocidio" contra o pobo palestino
Decretado un novo estado de excepción en Ecuador pola grave crise enerxética
20/04/2024 08:36
O encoro de Mazar, o segundo máis grande do país, non ten o nivel suficiente de auga para traballar con normalidade
A Fiscalía colombiana levará a xuízo a Uribe por suborno de testemuñas e fraude procesual
09/04/2024 19:54
Segundo fontes da Fiscalía, a partir das evidencias físicas e elementos probatorios chegouse á conclusión de que había motivos para acusar o expresidente de Colombia
Detido en Colombia un líder do cártel de Medellín, que organizou operacións en Europa
09/03/2024 16:28
Exercía como nexo de unión entre a súa organización e as organizacións criminais Ndraguetta e Mocromafia
O fuxitivo tiña unha orde de detención emitida por España tras cometer un delito de tráfico de drogas
Unha queixería de Carballo fai queixos orixinarios de Venezuela e Colombia con leite galego
28/02/2024 20:51
O seu público son principalmente as comunidades latinas que residen en Galicia e noutros puntos de España
A Garda Civil investiga a morte a tiros de tres homes en Valencia
28/02/2024 13:44
Os tres mortos son de nacionalidade colombiana e a prensa deste país identificou entre eles o membro dun grupo de narcotraficantes local que en xuño pasado sobreviviu a un tiroteo en Barranquilla
A Garda Civil non desbota ningunha hipótese, pero todo apunta a un axuste de contas por droga
Aumenta a axitación política en Colombia tras as protestas deste xoves
09/02/2024 09:24
Manifestantes afíns ao Goberno bloquearon o acceso ao Palacio de Xustiza para protestar por que non se escollese o sucesor de Francisco Barbosa
O actual fiscal xeral foi acusado polo presidente Gustavo Petro de querer sacalo do poder
Morren 33 persoas nunha avalancha de terra sobre unha estrada en Colombia
13/01/2024 18:19
As autoridades aseguran que aínda hai xente atrapaba nos coches que quedaron sepultados
Os vehículos estaban parados porque a vía quedara cortada tras un primeiro derrubamento
Morre aos 91 anos Fernando Botero, o artista colombiano das voluptuosas esculturas
15/09/2023 15:04
O pintor e escultor saíra o xoves do hospital para recuperarse na casa dunha pneumonía pola que fora ingresado
Detido por abuso sexual o pai dos nenos que sobreviviron na selva colombiana 40 días
12/08/2023 13:00
A Fiscalía Xeral investiga a Manuel Ranoque por supostos malos tratos aos catro menores de idade e á nai falecida dos pequenos
O Instituto de Benestar Familiar ten polo de agora a custodia dos nenos
Os rapaces, de entre un e 13 anos, foron rescatados o 10 de xuño, tras 40 días desaparecidos na selva colombiana
Liberdade condicional para Nicolás Petro tras aceptar colaborar coa xustiza
05/08/2023 09:29
O fillo do presidente colombiano e a súa exesposa están a ser investigados por branqueo de cartos e enriquecemento ilícito
Revelou que parte do diñeiro supostamente ilegal que recibiu entrou á campaña electoral de 2022 do seu pai
O Congreso de Colombia investiga o presidente por posibles irregularidades na campaña
04/08/2023 17:57
Cuestionan o financiamento do partido a raíz dunha denuncia presentada pola exmuller do fillo do presidente
O fillo do presidente colombiano revela que diñeiro ilegal entrou na campaña presidencial
04/08/2023 11:14
Admitiu "que si recibiu altas sumas de diñeiro de Samuel Santander Lopesierra", un narcotraficante coñecido como 'o home Marlboro'
Acusan o fillo do presidente de Colombia de enriquecemento ilícito
01/08/2023 21:23
A exmuller do acusado foi a que denunciou o caso
Ela tamén está imputada por un delito de lavado de activos
Detido o fillo maior do presidente de Colombia por enriquecemento ilícito
29/07/2023 16:27
A Fiscalía investigaba penalmente a Nicolás Petro polas súas supostas reunións con narcotraficantes no cárcere
Polo menos quince mortos nunha avalancha en Quetame, no centro de Colombia
19/07/2023 10:12
Entre os falecidos hai tres menores de idade. As familias afectadas iran a un albergue
Vinte vivendas desaparecidas baixo as toneladas de lama que deixou a avalancha
A raíña Letizia viaxa a Colombia para coñecer varios proxectos de cooperación
12/06/2023 08:35
Coñecerá un proxecto de abastecemento de auga potable e outro de reinserción de guerrilleiros das FARC
Os nenos rescatados en Colombia poderían saír do hospital nunhas semanas
11/06/2023 14:01
Están deshidratados e desnutridos pero fóra de perigo
Os coñecementos da selva da nena maior salváronos
Lesly, de 13 anos, mantivo os irmáns con vida na selva durante 40 días
11/06/2023 09:11
Os menores estaban a cinco quilómetros do avión accidentado, no que morreu a nai, o piloto e un amigo da familia
A adolescente coñecía os segredos do Amazonas porque formaba parte da comunidade indíxena huitoto
Milagroso rescate dos catro menores perdidos na selva colombiana durante 40 días
10/06/2023 08:21
O avión no que viaxaban coa nai, o piloto e outro adulto sufrira un accidente
Foron os únicos sobreviventes do sinistro e conseguiron subsistir sós
O presidente colombiano agarda conseguir a paz para o país en 2025
09/06/2023 20:35
Os guerrilleiros do ELN e o Goberno asinan na Habana un cesamento do fogo bilateral
Atopan na selva rastros dos nenos colombianos que levan un mes desaparecidos
31/05/2023 09:43
Os militares atoparon pegadas da nena maior, de 13 anos
Os catro pequenos levan desaprecidos un mes
A avioneta en que viaxaban esnafrouse na selva
Morreron todos os adultos que ían na nave, incluída a nai dos menores
Sen noticias dos nenos desaparecidos tras un accidente aéreo en Colombia
19/05/2023 09:58
O presidente colombiano retractouse, tras anunciar que os atoparan
Os militares seguen á procura dos nenos na selva amazónica
Non se pode confirmar que os localizaran, pero acháronse pegadas
Desartellada unha banda que traía mulleres de Colombia para a súa explotación sexual en España
12/05/2023 17:08
A rede captara máis de medio cento de mulleres que foron liberadas por efectivos da Garda Civil
A operación desenvolveuse entre España e Colombia, e, amais da captación, o grupo criminal extorsionaba os familiares das vítimas
Gustavo Petro reúnese hoxe con Pedro Sánchez na segunda xornada de visita a España
04/05/2023 08:31
O presidente colombiano defende "examinar" a fase actual da relación con España para establecer un "cambio de paradigma"
Petro ofrece a España irmandade na súa primeira visita oficial
03/05/2023 19:27
O presidente de Colombia busca o apoio de España ao proceso de paz
VOX boicotea o seu discurso no Congreso tras as críticas ao pasado colonial español
Vox abandona o Congreso antes do discurso de Gustavo Petro polas críticas a España
03/05/2023 14:34
O presidente colombiano é recibido con todos os honores polos Reis no Palacio Real
Gustavo Petro chega a España despois de criticar o "xugo español" en referencia ao pasado colonizador
Deteñen en Colombia o cártel que construíu o narcosubmarino de Aldán
29/03/2023 23:02
Foi nunha operación conxunta entre a Armada, a Fiscalía colombiana e a Garda Civil española
21 mortos despois de varias explosións nunha mina de Colombia
16/03/2023 07:27
Houbo varias explosións de gas nas minas de Sutatausa, ao norte do país
Comisan en Colombia máis de 1,3 toneladas de cocaína con destino a Vigo
08/03/2023 16:12
A droga estaba agochada nun contedor que transportaba bananas
Abre a fronteira entre Colombia e Venezuela tras sete anos de desavinzas
02/01/2023 08:34
O actual Goberno colombiano de Gustavo Petro traballou para restablecer as relacións entre os dous países latinoamericanos
Colombia e Venezuela reabren a fronteira despois de sete anos pechada
26/09/2022 20:05
Durante o acto, un camión venezolano levou ferro a Colombia e un transporte colombiano levou medicamentos a Venezuela
Sánchez asegura que se non hai gasoduto por Francia, será por Italia
24/08/2022 22:06
O presidente do Goberno, de visita en Colombia, advertiulle a Macron que "se non sae adiante o plan A, haberá que buscar o plan B"
Sánchez ofrece acoller en España o diálogo para lograr a paz total en Colombia
24/08/2022 21:04
O presidente do Goberno promete relanzar a relación de Colombia e da América Latina coa UE
Colombia inicia unha nova era política co primeiro goberno de esquerdas da súa historia
08/08/2022 19:30
Gustavo Petro tomou posesión co compromiso de pacificar o país e cunha ambiciosa axenda de reformas económicas e fiscais
Gustavo Petro, primeiro presidente de esquerdas na historia de Colombia
07/08/2022 22:56
O dirixente e a vicepresidenta, Francia Márquez, abren unha nova era no país
A praza Bolívar vibrou coa toma de posesión de Gustavo Petro á que asistíu Felipe VI
Tres nenos falecidos e dous feridos nun alude en Colombia que sepultou unha escola
15/07/2022 07:44
Ademáis de vintedous nenos, na escola, que estaba en boas condicións, había unha profesora e unha persoa encargada do comedor
A causa da traxedia foi a "acumulación de augas" produto das fortes e constantes precipitacións que azoutan boa parte do país
O esquerdista Gustavo Petro gaña as eleccións en Colombia co 50,44 % dos votos
20/06/2022 08:00
A participación foi das máis altas rexistradas no país e alcanzou o 58,09 %
O presidente electo avogou por un "grande acordo nacional"