Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decretado un novo estado de excepción en Ecuador pola grave crise enerxética

Decretado un novo estado de excepción en Ecuador pola grave crise enerxética

O encoro de Mazar, o segundo máis grande do país, non ten o nivel suficiente de auga para traballar con normalidade

 

O encoro de Mazar, en Azuay O encoro de Mazar, en Azuay
G24.gal 20/04/2024 08:36 Última actualización 20/04/2024 10:10

O presidente de Ecuador, Daniel Noboa, volveu decretar este venres un novo estado de excepción a nivel nacional, de 60 días, pola grave crise enerxética que atravesa o país ao non poder atender a demanda nacional de electricidade.

"Dispoño a mobilización e intervención da Policía Nacional e das Forzas Armadas en todo o territorio nacional, debidamente coordinadas, para garantir a seguridade das instalacións críticas de infraestrutura enerxética para previr sabotaxes, ataques terroristas ou outras ameazas que poidan afectar o seu funcionamento", determina no decreto.

Desde o domingo pasado, Ecuador sofre apagamentos diarios en diferentes zonas, de ata oito horas de duración, porque o encoro de Mazar, situado en Azuay, quedou sen o nivel suficiente de auga para traballar con normalidade.

Esta presa, a segunda máis grande do país, permite operar un complexo de tres centrais hidroeléctricas cunha potencia 1.757 megawatts, equivalente ao redor dun terzo da demanda nacional.

Ademais, Colombia deixou de subministrarlle enerxía eléctrica porque tamén está a sufrir unha gran seca que non lle permite xerar excedentes para a exportación.

Dende o domingo pasada hai apagamentos diarios de ata oito horas Dende o domingo pasada hai apagamentos diarios de ata oito horas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade