Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil investiga a morte a tiros de tres homes en Valencia

A Garda Civil investiga a morte a tiros de tres homes en Valencia

Os tres mortos son de nacionalidade colombiana e a prensa deste país identificou entre eles o membro dun grupo de narcotraficantes local que en xuño pasado sobreviviu a un tiroteo en Barranquilla 

A Garda Civil non desbota ningunha hipótese, pero todo apunta a un axuste de contas por droga

G24.gal 28/02/2024 13:44

Os tres cadáveres do Saler apareceron xunto a un vehículo estacionado preto dunha das canles que comunica a lagoa da Albufera co mar Mediterráneo. Un estaba no interior e os outros dous caídos fóra do vehículo. Todos presentaban impactos de bala.

“Isto desde logo é moi raro que pase aquí no Saler, moi raro”. “As forzas da orde montaran un pequeno control e pecharan aquí a área. E buscaban con lanternas”.

Os tres mortos son de nacionalidade colombiana. A prensa deste país identificou entre eles o membro dun grupo de narcotraficantes local que en xuño pasado sobreviviu a un tiroteo en Barranquilla en que morreron o seu pai e dous irmáns.

Segundo os mesmos medios, despois diso abandonou Colombia, buscando novas alianzas con grupos internacionais de narcotraficantes e entrou en contacto coas mafias dos Balcáns.

A Garda Civil fíxose cargo da investigación e non descarta ningunha hipótese, pero todo apunta a un axuste de contas por droga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade