Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen noticias dos nenos desaparecidos tras un accidente aéreo en Colombia

Sen noticias dos nenos desaparecidos tras un accidente aéreo en Colombia

O presidente colombiano retractouse, tras anunciar que os atoparan

Os militares seguen á procura dos nenos na selva amazónica

Non se pode confirmar que os localizaran, pero acháronse pegadas

G24.gal 19/05/2023 09:58

Colombia continúa pendente do paradoiro dos catro nenos indíxenas desaparecidos tras un accidente aéreo na selva. Os militares emiten na zona en que os buscan a mensaxe gravada pola avoa dos pequenos, de entre 13 anos e 11 meses.

O presidente Gustavo Petro retractouse. Despois de anunciar que foran localizados, borrou o chío que escribira porque esa información aínda non puido ser confirmada. Onte pola tarde os equipos de busca atoparon pegadas frescas próximas a un regato, o que infunde novas esperanzas de que aparezan con vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade