Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan os corpos dos nenos desaparecidos durante a DINA en Torrent

Atopan os corpos dos nenos desaparecidos durante a DINA en Torrent

Foron atopados en dúas localidades diferentes, situadas a uns quilómetros do municipio

G24.gal 13/11/2024 10:09

Tras quince días de busca, os corpos sen vida de Rubén e Izan, os nenos de 3 e 5 anos que desapareceron en Torrent (Valencia) arrastrados pola riada o día da dina cando estaban co seu pai, foron atopados, segundo informaron fontes municipais.

A familia acudirá aos xulgados para recoñecer os corpos, que, ao parecer, foron atopados en dúas localidades diferentes, situadas a uns quilómetros de Torrent.

Estaban co seu pai, na casa, no momento en que a riada os levou. El salvou a vida. Estivo cinco horas agarrado a unha árbore. Desde ese momento, hai dúas semanas, a busca de Izan e Rubén, os irmáns de tres e cinco anos, foi constante. Tamén escoitamos a súa familia pedir que non se deixara de mirar por eles.

Dúas semanas de busca na contorna da localidade valenciana de Torrent, onde residían, ao lado de varios barrancos, pero tamén seguindo a posible traxectoria que puideran levar os rapaces polo arrastre da auga. Finalmente deron con eles. Estaban lonxe da vivenda, a uns dez quilómetros de distancia. Os seus corpos sen vida xa foron identificados pola súa familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade