Gustavo Petro reúnese hoxe con Pedro Sánchez na segunda xornada de visita a España
Gustavo Petro reúnese hoxe con Pedro Sánchez na segunda xornada de visita a España
O presidente colombiano defende "examinar" a fase actual da relación con España para establecer un "cambio de paradigma"
A primeira xornada da visita oficial de Gustavo Petro a España rematou cunha cea de gala ofrecida polos reis, cun cento de invitados, entre eles o presidente do Goberno e o líder da oposición.
Filipe VI ofreceu o apoio de España a Colombia na súa aposta pola paz. E o presidente colombiano defendeu examinar a relación con España para entrar nunha nova etapa.
A xornada comezaba cunha primeira parada no Congreso. A presidenta da Cámara defendeu as reformas acometidas polo presidente colombiano dende que chegou ao goberno en agosto.
O primeiro presidente de esquerdas de Colombia admitía que van ter que vencer moitas resistencias.
Os deputados de VOX marcharon do Congreso antes do seu discurso, en protesta polo pasado guerrilleiro de Petro. Tamén lles molestou a referencia que Petro fixo este luns ao período colonial, ao que se referiu como xugo español, e que o goberno evitou comentar.
A cita principal deste xoves é a reunión de Petro co presidente do goberno ás doce na Moncloa. Asinarán varios acordos de cooperación para fortalecer as relacións económicas e comerciais entre os dous países. E tamén analizarán o proceso de paz no país suramericano.