Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colombia e Venezuela reabren a fronteira despois de sete anos pechada

Colombia e Venezuela reabren a fronteira despois de sete anos pechada

Durante o acto, un camión venezolano levou ferro a Colombia e un transporte colombiano levou medicamentos a Venezuela

G24.gal 26/09/2022 20:05

Colombia e Venezuela reabriron este luns oficialmente a súa fronteira común, que estivo cerrada durante sete anos.

Foi nun acto na ponte internacional Simón Bolívar, o principal dos postos fronteirizos entre os dous países, e incluíu o paso dos primeiros camións de carga en ambos os sentidos.

O acto, aínda que simbólico, estivo cargado de emotividade e celebración ao lado venezolano, onde soltaron globos ao aire coas cores da bandeira de ambos os países.

O primeiro camión venezolano que cruzou a fronteira transportou dúas bobinas de ferro, cada unha cun peso de 16 toneladas, o que se converte na primeira exportación oficial entre ambos os países, por terra, nos últimos sete anos.

Minutos despois, un camión colombiano, tamén adornado coa súa bandeira e cargado con medicamentos, pasou a ponte en dirección a Venezuela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade