Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz do caso Delcy rexeita reabrir a causa ao non apreciar indicios de delito

O xuíz do caso Delcy rexeita reabrir a causa ao non apreciar indicios de delito

Vox solicitou a reapertura da causa ao considerar que hai "novas evidencias" derivadas da investigación que leva a cabo a UCO da Garda Civil no denominado caso Koldo

O exasesor do exministro José Luis Ábalos, Koldo García. Europa Press. Arquivo O exasesor do exministro José Luis Ábalos, Koldo García. Europa Press. Arquivo
G24.gal 13/11/2024 12:27

O Xulgado de Instrución número 31 de Madrid desestimou reabrir a causa polo denominado caso Delcy na que se investigaba a estancia da vicepresidenta de Venezuela, Delcy Rodríguez, no aeroporto madrileño de Baraxas o 20 de xaneiro de 2020, ao entender que ningún dos novos feitos achegados por Vox ten relevancia penal.

O citado xulgado xa arquivou en 2020 o procedemento ao considerar que aínda que Delcy Rodríguez tiña prohibida pola Unión Europea a entrada e o tránsito no espazo Schengen, a zona de tránsito internacional dun aeroporto español non é territorio nacional. E a Audiencia Provincial de Madrid ratificouno en 2021.

O pasado mes de outubro, Vox solicitou a reapertura da causa ao considerar que hai "novas evidencias" derivadas da investigación que leva a cabo a UCO da Garda Civil no denominado caso Koldo, e ampliou a súa querela fronte a varias persoas implicadas na devandita estancia contra o empresario Víctor de Aldama, investigado como presunto comisionista nesa trama que se dirime na Audiencia Nacional.

A Fiscalía opúxose a esta petición porque -dixo- eses feitos non inciden sobre a licitude ou ilicitude da presenza en España da vicepresidenta venezolana.

Agora o xuíz, nun auto dado a coñecer este mércores polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSXM), afirma que "nada dos feitos" novos trasladados por Vox "ten relevancia na causa".

No auto, que é recorrible, o maxistrado sinala "que non se acerta a entender a relación que poida haber entre a presente causa, cuxo obxecto era determinar a actuación na presenza dun político venezolano na terminal de Baraxas, e o rescate ou subvencións gobernamentais a Globalia, unha suposta compra de ouro para Bancasa e a intervención do tal Koldo e o señor Aldama".

Engade que a suposta autorización do presidente do Goberno para a visita de Delcy Rodríguez que apunta Vox non ten relevancia penal "pois non a tiña a do propio ministro" José Luís Ábalos, como xa dixo o Tribuna Supremo.

"Nada destes feitos ten relevancia penal na presente causa, cuxo obxecto sempre foi determinar se a presenza de dona Delcy Eloina Rodríguez Gómez en territorio español, na madrugada do 20 de xaneiro de 2020 tiña carácter delituoso, e estes feitos alegados non converten en penalmente relevantes os indicios sinalados", conclúe o xuíz.

Lembra o maxistrado que xa o Tribunal Supremo afirmou sobre estes feitos que non supoñían unha infracción penal "por canto supoñían a infracción dunha obrigación de natureza política, e nese ámbito había de dirimirse a correspondente responsabilidade".

O xuíz refírese á decisión do Tribunal Supremo, do 26 de novembro de 2020, de arquivar a causa derivada de varias querelas contra o exministro de Transportes José Luis Ábalos pola entrada ao país da vicepresidenta de Venezuela, ao estimar que, aínda que a súa estancia vulnerou unha prohibición do Consello da Unión Europea, non houbo delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade