Cargando resultados...
Abre a fronteira entre Colombia e Venezuela tras sete anos de desavinzas
Abre a fronteira entre Colombia e Venezuela tras sete anos de desavinzas
O actual Goberno colombiano de Gustavo Petro traballou para restablecer as relacións entre os dous países latinoamericanos
A ponte internacional de Tienditas contruírase en 2015
G24.gal
02/01/2023 08:34
Despois de sete anos pechada, abre a fronteira entre Colombia e Venezuela. A ponte internacional de Tienditas construírase en 2015, pero o presidente venezolano, Nicolás Maduro, bloqueara o paso entre os dous países durante o Goberno de Juan Manuel Santos pola suposta presenza de paramilitares colombianos no seu territorio.
O actual Goberno colombiano de Gustavo Petro traballou para restablecer as relacións entre os dous países latinoamericanos. A apertura da fronteira é a culminación desa restauración, tras case unha década de desavinzas.