Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberdade condicional para Nicolás Petro tras aceptar colaborar coa xustiza

Liberdade condicional para Nicolás Petro tras aceptar colaborar coa xustiza

O fillo do presidente colombiano e a súa exesposa están a ser investigados por branqueo de cartos e enriquecemento ilícito

Revelou que parte do diñeiro supostamente ilegal que recibiu entrou á campaña electoral de 2022 do seu pai

O fillo de Gustavo Petro nun acto político O fillo de Gustavo Petro nun acto político
G24.gal 05/08/2023 09:29 Última actualización 05/08/2023 10:00

Un xuíz colombiano ordenou este venres que Nicolás Petro Burgos, primoxénito do presidente colombiano, Gustavo Petro, e a seu exesposa, Daysuris Vásquez, respondan en liberdade, pero con restricións, ao proceso que enfrontan por lavado de cartos e outros delitos.

O Xuíz Penal Municipal 74 con funcións de control de garantías acolleu as peticións da defensa e dispuxo que a medida de aseguramento solicitada pola Fiscalía no caso de Nicolás Petro Burgos non é necesaria.

"O xuíz de control de garantías do caso, grazas ao compromiso de colaboración dos dous imputados logrado pola Fiscalía, impuxo a Petro Burgos e a Vásquez Castro medida non privativa da liberdade e continúan vinculados á investigación penal", precisou o ente acusador nun comunicado.

Con todo, o xuíz dispuxo que os imputados non poderán saír do país nin tampouco "do ámbito onde se produciu a súa captura, a cidade de Barranquilla".

A parella foi detida o sábado. Tres días despois, a Fiscalía imputoulle ao fillo do presidente os delitos de lavado de activos e enriquecemento ilícito de servidor público, e a Vásquez os de lavado de activos e violación de datos persoais.

O arresto forma parte da investigación que a Fiscalía abriu en marzo pasado, logo de que Vásquez declarara na revista Semana que Nicolás Petro recibiu cartos do narcotraficante Samuel Santander Lopesierra, alias "o home Marlboro", para a campaña do hoxe presidente.

Lonxe da política

Nunha audiencia celebrada este venres, o fiscal do caso asegurou que, tras aceptar un acordo de colaboración coa Xustiza, Nicolás Petro revelou que parte do diñeiro supostamente ilegal que recibiu entrou á campaña electoral de 2022 do seu pai.

"Queda terminantemente prohibido interactuar coas persoas que lle deron cartos de procedencia ilícita e con calquera dos involucrados", díxolle o maxistrado.

Ademais, prohibiulle á parella "participar en calquera evento político". Como parte do acordo de colaboración, o fillo do presidente comprometeuse a renunciar ao seu cargo de deputado na Asemblea do Departamento do Atlántico.

O xuíz ordenou ademais que se investigue a parella polos delitos de interese indebido na celebración de contratos e falsidade en documento, adicionais aos que xa lles foron imputados.

Detención domiciliaria

Segundo alertou o avogado principal de Nicolás Petro, a vida do seu defendido corre risco porque hai xente que non quere que se saiba a verdade sobre o escándalo de corrupción que salpica a campaña do seu pai. Por esta razón, pediu nunha audiencia a detención domiciliaria.

"O meu defendido é unha testemuña chave para desbaratar por completo unha estrutura corrupta que debe ser investigada e que debe conducir aos seus responsables #ante os estrados xudiciais", expresou o letrado este sábado.

Nicolás Petro consegue a liberdade condicional Nicolás Petro consegue a liberdade condicional
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade