Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren 33 persoas nunha avalancha de terra sobre unha estrada en Colombia

Morren 33 persoas nunha avalancha de terra sobre unha estrada en Colombia

As autoridades aseguran que aínda hai xente atrapaba nos coches que quedaron sepultados

Os vehículos estaban parados porque a vía quedara cortada tras un primeiro derrubamento

G24.gal 13/01/2024 18:19 Última actualización 13/01/2024 19:00

A vicepresidenta colombiana, Francia Márquez, confirmou este sábado o falecemento de 33 persoas nunha estrada preto da localidade de El Carmen de Atrato, no departamento do Chocó (ao oeste do país), tras rexistrárense varios derrubamentos de terra.

"Lamento profundamente o falecemento de 33 persoas nesta traxedia, na súa maioría nenas e nenos, segundo informes preliminares desde o territorio. Toda a nosa solidariedade co departamento do Chocó e coas familias das vítimas", dixo na súa conta de X.

De acordo coa mandataria, aínda quedan persoas atrapadas na vía Quibdó-Medellín polo que continúa o operativo de rescate das Forzas Militares, Policía, Unidade Nacional de Xestión do Risco e o Desastre (UGRD), autoridades locais, bombeiros e outros organismos de socorro.

A derruba produciuse o venres pola tarde e sepultou varios vehículos que estaban detidos, ao parecer, por unha avalancha de terra que bloqueou previamente a estrada.

Nun vídeo gravado por testemuñas obsérvase unha fileira de vehículos detidos, á espera de que se abrise o paso, cando de súpeto a montaña veuse abaixo. Ao parecer, tamén sepultou medio cento de persoas que se refuxiaban da choiva nunha vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade