Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres falecidos no derrubamento dun edificio tras unha explosión de gas en Santander

Tres falecidos no derrubamento dun edificio tras unha explosión de gas en Santander

Os equipos de rescate localizaron entre os cascallos despois de horas de traballo os corpos de dúas persoas que permanecían desaparecidas

O suceso que sorprendeu os veciños contra as 4:00 da mañá deixa outros trece feridos de diversa consideración atendidos no hospital

Equipos de emerxencia traballan no lugar da explosión de gas na Albericia en Santander
G24.gal 26/10/2024 09:16 Última actualización 26/10/2024 20:42

Un edifico de Santander no barrio da Allbericia caeu esta madrugada despois dunha explosión de gas. Foi ás catro da mañá, hai tres persoa falecidas, e trece feridos. Os edificios próximos tiveron que ser desaloxados.

Os servizos de emerxencias atoparon entre os cascallos o cadáver dunha persoa. Tras varias horas localizaron os corpos das outras dúas persoas que estaban sen localizar. O sinistro levou a desaloxar todos os edificios próximos ao afectado pola explosión.

Trece veciños do inmoble sinistrado e dos edificios lindeiros tiveron que ser trasladados ao hospital de Valdecilla, na mesma cidade. No espazo que antes ocupaba o edificio, os bombeiros de Santander traballaron para apagar o lume que ocasionou a explosión.

O sinistro produciuse no número 24 da rúa da Albericia da capital cántabra e levou a desaloxar todos os edificios próximos ao afectado pola explosión.

Cortouse a subministración de gas de toda a zona e mobilizáronse dúas UVI e unha ambulancia, ademais de Bombeiros de Santander, o 112 Cantabria.

Tamén se instalou na rúa, preto do inmoble que caeu, un hospital de campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade