Cargando resultados...
Estoupa unha bombona de butano na Asociación de Festas de San Sebastián en Vigo
A explosión provocou danos importates no local
G24.gal
22/03/2025 20:29
O local da comisión de Festas de San Sebastián de Vigo quedou moi danado ao estoupar unha bombona de butano na cociña do local.
Por sorte, no momento da explosión aínda estaban abrindo o local, xa que o accidente se produciu contra as 8:20 da mañá deste sábado. O presidente da asociación de veciños de Fragoselo, Rubén Abril, di que, malia os importantes danos materiais, por sorte aínda non había xente no bar do local.