Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un motorista de quince anos ao estrelarse co seu ciclomotor en Cambados

Falece un motorista de quince anos ao estrelarse co seu ciclomotor en Cambados

O mozo sufriu unha saída de vía por causas que aínda se descoñecen o que lle provocou múltiples contusións

Flores no lugar do sinistro mortal Flores no lugar do sinistro mortal
G24.gal 26/03/2025 21:37

Un mozo de quince anos morreu nun accidente de tráfico no municipio de Cambados. O motorista conducía un ciclomotor cando ía pola estrada provincial EP-9506, ao seu paso por Vilariño, cara a Ribadumia.

O mozo sufriu unha saída de vía por causas que aínda se descoñecen e terminou impactando contra un poste de telefonía, sen que houbese colisión con outro vehículo.

Isto provocoulle múltiples contusións sobre todo na zona do peito. A pesar da intervención dos servizos médicos, non se puido facer nada por salvar a vida do condutor do vehículo que morreu ao instante.

Ata alí desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, Garda Civil, Policía Local e o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados. No punto compareceron tamén o alcalde, Samuel Lago, e o edil de Seguridade Cidadá, José Ramón Abal, para interesarse polo ocorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade