Investigan a Comisión de Festas de Matamá e o seu presidente polo accidente mortal do Saltamontes
Tanto o presidente como a entidade declararán como imputados por un presunto delito de lesións

O Xulgado de Instrución 3 de Vigo citou como investigados a Comisión de Festas de Matamá, como entidade, e o seu presidente, Cristian González, polo accidente da atracción o 'Saltamontes' o pasado 3 de agosto, no que faleceu un usuario. Tanto o presidente como a entidade están investigados por un presunto delito de lesións, confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Estas citacións súmanse á do propietario da infraestrutura, que tamén terá que prestar declaración no Xulgado de instrución 3 de Vigo, que se encarga da investigación sobre as causas do accidente.
Un dos brazos da infraestrutura metálica cedeu cando estaba en funcionamento nas festividades de Matamá e, como consecuencia diso, un dos usuarios morreu no accidente. O falecido, de 36 anos e orixinario do Bolo, aínda que residente en Vigo, subira a esa infraestrutura xunto á súa parella.