Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morren tres montañeiros ao caer pola Escupidera no Parque Natural do Moncaio

Morren tres montañeiros ao caer pola Escupidera no Parque Natural do Moncaio

Dous dos montañeiros xa estaban mortos cando chegou o rescate

O terceiro montañeiro aínda foi rescatado con vida pero en estado crítico. Faleceu pouco despois a consecuencia das lesións

Imaxe de arquivo da Garda Civil nun rescate de alta montaña Imaxe de arquivo da Garda Civil nun rescate de alta montaña
G24.gal 22/03/2025 20:54

Tres persoas faleceron este sábado tras precipitarse no Parque Natural do Moncaio por unha zona coñecida como a Escupidera, informou a Garda Civil.

O aviso sobre a posible caída destas persoas recibiuse a través do 112 sobre as 14 horas e de forma inmediata activouse ao GREIM de Tarazona (Zaragoza) e a unidade aérea da Garda Civil con base en Huesca.

Debido ás condicións meteorolóxicas os especialistas en montaña tiveron que acceder a pé á zona onde estaban os accidentados, dous dos cales presentaban lesións incompatibles coa vida.

Aínda que a terceira persoa foi rescatada polos axentes en estado crítico faleceu pouco despois como consecuencia das lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade