Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidos tres homes por roubos en gasolineiras na zona de Ourense

Detidos tres homes por roubos en gasolineiras na zona de Ourense

Os autores desprazábanse desde a capital para violentar as máquinas de boxes de lavado e aspirado de gasolineiras situadas nos municipios de San Cibrao das Viñas e O Pereiro de Aguiar

Lograron obter un botín de 3.170 euros e danos por valor de 3.050 euros.

Dous deles veciños de Chantada e outro de Coles/Foto de arquivo/Europa Press Dous deles veciños de Chantada e outro de Coles/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 21/03/2025 16:59

A Garda Civil detivo a tres homes, dous deles veciños de Chantada e outro de Coles, por roubos en gasolineiras en municipios limítrofes coa cidade de Ourense. Nesta operación hai outros tres investigados.

O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense culmina a Operación Ventox por un delito de roubo con forza e outros tres delitos continuados de roubo con forza en estacións de servizo.

Os autores desprazábanse en repetidas ocasións desde a capital para violentar as máquinas de boxes de lavado e aspirado de gasolineiras situadas nos municipios de San Cibrao das Viñas e O Pereiro de Aguiar, co que lograron obter un botín de 3.170 euros e danos por valor de 3.050 euros.

Nunha primeira fase da operación, o 3 de marzo logrouse esclarecer un roubo con forza nunha gasolineira de O Piñeiral, en San Cibrao das Viñas, ocorrido o 6 de novembro do 2024, polo que se investigou a dous homes e unha muller.

Un dos homes, atopábase interno no cárcere do Pereiro de Aguiar cumprindo pena por outros feitos, mentres que o outro é un veciño de Sobral, concello de Coles, e unha muller veciña do Carballiño.

Os presuntos autores utilizaron para a comisión do delito unha furgoneta de alugueiro, que contrataron para dous días e apropiáronlla durante un mes sen abonar o importe correspondente.

A segunda fase da operación, desenvolta o pasado 20 de marzo, deu como resultado o esclarecemento de tres delitos continuados de roubo con forza cometidos o día 12 de novembro do 2024: o primeiro de novo na gasolineira O Piñeiral, o segundo nunha estación situada no polígono de San Cibrao das Viñas e o terceiro nunha estación na localidade de Castadón.

De tal forma, procedeuse á detención de tres hombres, dous deles veciños da localidade de Chantada (Lugo) e un terceiro que xa fora investigado na primeira fase veciño de Sobral, en Coles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade