Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas tres persoas en Vigo, entre elas un menor, por agredir unha persoa sen fogar

Detidas tres persoas en Vigo, entre elas un menor, por agredir unha persoa sen fogar

Están acusados dun delito de odio

G24.gal 21/03/2025 16:00 Última actualización 21/03/2025 16:29

En Vigo, a policía detivo tres individuos, entre eles un mozo menor de idade, por agredir unha persoa sen fogar en plena rúa, e sen que mediase provocación ou discusión previa..

Están acusados dun delito de odio.

Os feitos ocorreron a principios de marzo nunhas galerías comerciais na zona do Calvario.

Os mozos atoparon unha persoa sen recursos durmindo no chan e comezaron a cuspirlle e a lanzarlle moedas con forza.

Cando a vítima acordou e lles recriminou a súa actitude, un dos mozos agarrouno mentres outro o golpeou na cabeza. Por esta agresión, o home tivo que ser atendido nun centro sanitario.

Fontes policiais explicaron que entre o grupo agresor e a vítima non existía relación previa algunha, "tratándose dunha agresión de carácter gratuíto, sendo o único motivo da mesma que esta persoa non tivese fogar".

 As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Vigo e tamén se puxeron en coñecemento da Fiscalía Especial de Delitos de Odio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade