Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xulgado coruñés condena unha muller por posuír un bolígrafo pistola apto para disparar

Un xulgado coruñés condena unha muller por posuír un bolígrafo pistola apto para disparar

Segundo a sentenza do 19 de marzo que publicou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a acusada, que admitiu os feitos, foi considerada autora dun delito de tenza ilícita de armas prohibidas

Imaxe de arquivo da Audiencia da Coruña Imaxe de arquivo da Audiencia da Coruña
G24.gal 21/03/2025 15:43

O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou, por conformidade das partes, a un ano de cárcere unha muller por levar oculto no seu vehículo un bolígrafo pistola e cartuchos aptos para o disparo.

Segundo a sentenza do 19 de marzo que publicou este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a acusada, que admitiu os feitos, foi considerada autora dun delito de tenza ilícita de armas prohibidas.

O xuíz relata na setenza que, sobre as 15:15 horas do 20 de outubro de 2023, a sospeitosa circulaba no interior dun coche no que levaba oculta un arma de fogo de fabricación ilícita coa aparencia exterior dun bolígrafo convencional, así como tres cartuchos metálicos sen percutir, “sendo aptos para o seu uso co bolígrafo pistola referido”.

O maxistrado indica no apartado de feitos probados da sentenza que “tanto o bolígrafo pistola como os cartuchos funcionaban correctamente e estaban aptos para o disparo”.

Na sentenza, o titular do Xulgado do Penal número 3 da Coruña decretou a suspensión da pena dun ano de prisión imposta, condicionada a que se absteña de delinquir durante o prazo de dous anos. A sentenza é firme, pois contra ela non cabe a interposición de recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade