Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Martinho pon a proba as concas fluviais españolas

A borrasca Martinho pon a proba as concas fluviais españolas

Castela e León é unha das comunidades máis afectadas polas chuvias intensas que deixa este venres a borrasca Martinho por toda España

Tamén en Madrid, onde as autoridades lles pediron aos cidadáns que eviten os desprazamentos e que teletraballen. Suspendéronse as clases nalgúns distritos e tamén na universidade. Está activado o nivel vermello no río Manzanares

G24.gal 21/03/2025 14:43

Ata 25 litros por metro cadrado caeron nas últimas horas en Madrid. Os bombeiros atenderon preto dun cento de incidencias e a chuvia non dá tregua. "Son precipitacións históricas. Quintuplicamos a media, e a situación no Manzanares, aínda que está estable, preocúpanos", explicaba o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida.

Hai activado o nivel vermello por risco de inundacións. As autoridades pedíronlle á poboación que evite os desprazamentos e que non se achegue ás zonas inundables. O avance da auga fai que non se descarten cortes puntuais mesmo nas vías principais. "Eventualmente non hai que descartar un corte da A-6 no acceso á cidade", dixo o alcalde madrileño.

Situación complicada tamén en Ávila, onde tiveron que sacar uns corenta nenos ao lombo e camiñando pola auga. Estaban de convivencia nun convento que quedou rodeado pola auga. No centro permanecen un grupo de persoas maiores, moitas delas con mobilidade reducida.

Preocupación tamén en Toledo, a enchente do Texo obrigaba a mobilizar a UME, houbo que levantar un muro de contención para protexer o Hospital Nacional de Parapléxicos. "Agradecer a todos os que están axundando para que de momento non sucedera nada", di Carlos Velázquez, alcalde de Toledo.

Onde mellorou a situación foi en Andalucía. Cesou a chuvia, pero son máis de tres mil as incidencias que deixou Martinho. Esta mesma mañá houbo que cortar a autoestrada entre Cádiz e Sevilla. E mantense o nivel laranxa en sete ríos

Toda España está en alerta por chuvia agás nas Canarias. Alí a alerta é por vento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar