Publicador de contidos

Publicador de contidos

A loita contra o lume en Galicia contará con 12 novas motobombas

A loita contra o lume en Galicia contará con 12 novas motobombas

Os novos vehículos, que custaron case 4 millóns de euros, teñen capacidade para dous usuarios e para almacenar 3.500 litros de auga

G24.gal 21/03/2025 14:47

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega este venres ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) de Galicia de 12 novas motobombas, que se repartirtán por outros tantos distritos forestais da comunidade. Os novos vehículos, que custaron case 4 millóns de euros, teñen capacidade para dous usuarios e para almacenar 3.500 litros de auga.

Na entrega das motobombas, o presidente da Xunta lembrou que esta mesma semana se incorporaron ao servizo case un milleiro de profesionais fixos descontinuos que traballarán oito meses na loita contra o lume. Con estas novas incorporacións, o total de efectivos elévase a máis de 3.000, cun terzo deles traballando ao longo do ano.

As novas motobombas distribuiranse polos distristos forestais da Coruña (Ferrol, Bergantiños-Mariñas Coruñesas e Barbanza); Lugo (Mariña license, Fonsagrada-Os Ancares e Terras de Lemos); Ourense (Ribeiro e Miño-Arnoia); e Pontevedra (Deza-Tabeirós, Condado-A Paradanta, Vigo-Baixo Miño e Caldas-O Salnés). O SPIF conta, ademais, con 2 novas máquinas hidrostáticas polivalentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade