Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio destrúe parcialmente o Planetario de Pamplona

Un incendio destrúe parcialmente o Planetario de Pamplona

Cando se iniciou as instalacións permanecían pechadas, polo que non hai que lamentar danos persoais

G24.gal 14/01/2025 13:15

Un incendio destrúe boa parte do Planetario de Pamplona, incluída a súa emblemática cúpula de 20 metros de diámetro, sen lamentar danos persoais, xa que cando comezou o lume as instalacións permanecían pechadas.

Segundo as primeiras investigacións, o lume iniciouse na sala de proxeccións, situada baixo a cúpula de 20 metros de diámetro, pouco antes das sete da mañá.

“A cúpula é a xoia da coroa no Planetario. Efectivamente é un dos espazos que recolle maior (número de) aparellos, telescopios, etc, patio de butacas. Entón, probablemente si, os danos serán cuantiosos”.

Dende alí propagouse a outras estancias do edificio que ten unha superficie útil construída de máis de 3.600 metros cadrados e estímase que os traballos de extinción poderán prolongarse durante boa parte da tarde.

Ademais, o Goberno navarro, propietario do edificio sinistrado, anunciou que todas as actividades programadas trasladaranse a outras instalacións forais.

O Planetario de Pamplona inaugurouse a finais de 1993 e recibe anualmente preto de 170.000 visitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade