Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan unha casa en Tomiño por causa dun incendio no garaxe da vivenda

Evacúan unha casa en Tomiño por causa dun incendio no garaxe da vivenda

Os bombeiros tardaron tres horas en conseguir controlar a situación e apagar o lume

G24.gal 14/01/2025 09:48 Última actualización 14/01/2025 13:48

Un incendio ocorrido de madrugada no garaxe dunha vivenda unifamiliar no lugar de Gabín, en Tomiño, obrigou a desaloxar o inmoble. Os servizos de extinción tiveron que empregarse a fondo para apagar o lume e tardaron tres horas en conseguir controlar a situación.

Foron os propietarios os que avisaron aos bombeiros. Cando chegaron tiveron que entrar polo interior da vivenda e forzar a porta que dá lugar ao garaxe.

"A porta do garaxe estaba pechada, entón houbo que ingresar desde o interior da vivenda. A cantidade de fume e de lapas fixo que o resto da vivenda se vise afectada polo fume. Incluso polas altas temperaturas, posto que a sectorización non funcionou correctamente. Unha vez que puidemos forzar a porta do garaxe ao entrar pola porta principal, xa puidemos facer un ataque contra o lume un pouco mellor. Foi un labor laborioso e levounos tempo pero conseguimos que non se expandise ao resto da vivenda, que era o que máis nos preocupaba", explica Roberto Domínguez, bombeiro do Consorcio Provincial de Pontevedra.

Así, grazas á rápida intervención dos servizos de emerxencia, o lume non se propagou á vivenda, aínda que si que afectou a diversas pertenzas. No interior do garaxe había electrodomésticos e diversos trebellos, pero por sorte non había ningún vehículo. 

"Arderon varios aveños que había no interior do garaxe, entre outras cousas, electrodomésticos, e tamén cousas que almacenaban os propietarios no propio garaxe", relatan os bombeiros.

Polo momento descoñécese que puido provocar o incendio. Afortunadamente non houbo danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos