Publicador de contidos
Publicador de contidos

48 horas sen novas de Álex Wang, o mozo desaparecido en Silleda

Ducias de voluntarios sumaronse aos labores de busca en Silleda
G24.gal 14/01/2025 13:34

Nunha mañá xélida en Silleda os equipos de Emerxencias de Lalín, Policia Local de Silleda, Protección Civil de Vila de Cruces e Chantada, Garda Civil, Seprona e a unidade canina de rescate da ONG IAE reuníanse a primeira hora para coordinar e planificar a busca do mozo Álex Wang tras unha intensa xornada, a deste luns, sen resultados. O operativo ampliou o radio de busca.

Víctor Blanco, xefe do Servizo de Emerxencias de Lalín explica que este martes se suman mergulladores da Garda Civil e lanchas para rastrexar o leito do río Deza. En terra o operativo divídese en dúas zonas de busca, nunha delas rastrexan os cans da Unidade de Rescate da ONG IAE Galicia como explica o seu responsable Miguel Montero. 

Ducias de voluntarios sumáronse ao operativo e tras recibir instrucións dirixíronse á contorna do centro de saúde de Silleda, unha zona de paso habitual do mozo.

A Álex Wang perdéuselle a pista o domingo ás 8 da mañá tras saír da súa casa en Carballeda na parroquia de Taboada e deixar unha mensaxe a modo de despedida en redes sociais que fixo saltar as alarmas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade