Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense acollerá a contra o reloxo desta edición do Gran Camiño

Ourense acollerá a contra o reloxo desta edición do Gran Camiño

Sairá da Ponte Romana de Ourense e acabará no Pereiro de Aguiar

G24.gal 14/01/2025 11:57

Xa temos o percorrido completo da edición de 2025 do Gran Camiño. A rolda que percorrerá Galicia entre o 26 de febreiro e o 2 de marzo deu a coñecer a que vai ser a súa terceira etapa, a contra o reloxo que unirá as localidades de Ourense e O Pereiro de Aguiar cun percorrido de 15 quilómetros. 

Sairá desde a Ponte Romana de Ourense, un lugar emblemático que sempre quixo incluír a proba pero só podía meterse como inicio dunha contra o reloxo pola súa perigosidade nunha etapa en liña. E ao final Ezequiel Mosquera atopou o xeito de meter ese lugar tan simbólico dentro da Cidade das Burgas. Tal e como recoñeceu Óscar Pereiro, "Ourense leva a xoia da coroa porque unha etapa destas características centra moito máis a atención dos espectadores". 

Así queda O Gran Camiño 2025: Etapa 1: Maia-Matosiños (26 de febreiro). Etapa 2: Marín-A Estrada. Etapa 3: Ourense-O Pereiro de Aguiar. Etapa 4: Pobra do Brollón-Pedrafita. Etapa 5: Betanzos-Santiago de Compostela (2 de marzo). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos