Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gran Camiño 2025 comezará en Portugal

O Gran Camiño 2025 comezará en Portugal

Será o 26 de febreiro, cunha etapa entre Maia e Matosinhos

G24.gal 17/12/2024 11:06 Última actualización 17/12/2024 11:13

Na súa cuarta edición, o Gran Camiño terá 5 etapas, e a primeira delas será en Portugal. Un novo reto para a gran carreria ciclista galega.

Onte presentouse esta primeira etapa en Matosinhos. Como unha homenaxe ao Camiño Portugués, o 26 de febreiro o pelotón do Gran Camiño discorrerá no distrito do Porto, entre as localidades de Maia e Matosinhos.

Ezequeil Mosquera lembra os enormes vínculos entre o ciclismo galego e o portugués.

"Ilusiona ver como nos reciben como organizadores aos que antes tivemos que cruzar a raia para ser ciclistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos