Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Chumil vence no sprint a Gee, líder do Gran Camiño, no Cebreiro

Sergio Chumil vence no sprint a Gee, líder do Gran Camiño, no Cebreiro

O canadense amplía o liderado de cara á xornada final, con 37” sobre Piganzoli

G24.gal 01/03/2025 17:41

O corredor guatemalteco Sergio Chumil, do Burgos BH, foi o gañador da cuarta tirada do Gran Camiño. O ex-ciclista do Equipo Cortizo presentouse no alto do Cebreiro en compaña do líder, Derek Gee, e bateuno ao esprinte para acadar a vitoria.

A etapa raíña non defraudou. O percorrido entre A Pobra de Brollón e Pedrafita deu moito de si, e produciuse moito movemento entre os homes que aspiran á xeral. O máis valente foi o maillot amarelo, Derek Gee. O canadense non especulou, e lanzouse cara ao seu segundo triunfo consecutivo no alto do Cebreiro acompañado de Sergio Chumill. Por detrás, Piganzoli intentaba conectar. A 17 segundos na xeral, o italiano non perdía de vista aos fuxidos, pero perdeu contacto con Cepeda na ascensión final, para volver conectar cando a pendente suavizou.

Por detrás, o gañador das dúas primeiras etapas, Magnus Cont Nielsen aguantaba a menos dun minuto para manter as súas opcións de cara á xornada final. E non so iso, lanzou un duro ataque a quilómetro e medio da meta para apurar as súas opcións de triunfo na etapa.

Pero os dous fuxidos non afrouxaron, e xogaron a vitoria entre eles. Sergio Chumil, que correra no equipo Cortizo, sorprendeu a Derek Gee e fíxose co triunfo no Cebreiro, seguido polo líder, que afianza a súa posición. Na terceira praza entrou Piganzoli. O grupo de Magnus Cort entrou a 40 segundos.

A xeral de cara á última etapa de mañá queda comandada por Gee, con 37 segundos sobre Piganzoli e 49 sobre Magnus Cort.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade