Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 3000 seareiros acoden ao adestramento de portas abertas en Balaídos

Máis de 3000 seareiros acoden ao adestramento de portas abertas en Balaídos

Starfelt e Jones adestran á marxe. Jailson non participa no partidillo

Claudio: "Demostramos que lle podemos facer dano ao Barça"

Os xogadores asinaron autógrafos á rapazada

G24.gal 17/04/2025 15:15

 

Máis de 3000 persoas acompañaron ao Celta no adestramento de portas abertas de Balaídos. O equipo de Claudio Giráldez festexou o Xoves Santo cunha xornada compartida coa súa afección. Coa presenza da presidenta Marian Mouriño e do director deportivo, Marco Garcés.

Carl Starfelt e Jones El-Abdellaoui traballaron á marxe do grupo, mentres que Jailson, cunhas molestias, non participou no partidiño.  

A paixón rebordou e un afeccionado ata se atreveu a saltar ao céspede para emular a Iago Aspas. A seguridade do club expulsouno.

Os afeccionados do Celta gozaron nesta xornada festiva da presenza dos seus ídolos. Iago foi o que máis autógrafos asinou. 

O adestramento foi o penúltimo antes do enfrontamento co Fútbol Club Barcelona. Claudio lembrou o precedente ligueiro co empate a 2 en Balaídos. O técnico celeste sinalou a perigosidade dun rival que castiga todos os erros

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos