Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna remonta en Segovia (1-3) para sumar a cuarta vitoria consecutiva

O Celta Fortuna remonta en Segovia (1-3) para sumar a cuarta vitoria consecutiva

Os goles de Sergio Dïez, Gael Alonso e Escobar deixan o filial a tiro dos postos de promoción de ascenso

Foto: @lagimnastica
G24.gal 13/04/2025 19:36

O Celta Fortuna saíu dunha situación delicada, a que ocupaba despois do partido adiado diante do Lugo, e que o tiña igualado cos postos de descenso. Desde ese momento, o conxunto de Fredi acumula catro vitorias consecutivas, que afastan o perigo e permiten soñar a tiro dos postos de promoción de ascenso. 

O Fortuna estivo a piques de adiantarse no seu primeiro ataque, nada máis comezar o partido. Un balón de Sergio Díez atrás rematouno Hugo González, e a Juan Silva sacou baixo paus esta primeira ocasión. O partido tiña poucas ocasións de gol, aínda que a Segoviana foi gañando a batalla territorial ata que, no minuto 25, abría o marcador. Farrell recolleu un balón na frontal e marcou cun remate raso, nunha acción que acabaron dous futbolistas celestes no céspede. Pediron os vigueses falta sobre Gael Alonso, sen éxito.

Botouse arriba o Fortuna á busca do empate, cun balón en profundidade de Burcio para Hugo González, que rematou abaixo, pero topou con Oliva. E, no treito final, unha falta perigosa rematábaa Burcio, sacando outra vez Oliva. E aínda tivo tempo Miguel Román de rematar moi cruzado desde a frontal, antes de que os vigueses si que empatasen. Foi no tempo engadido, cun pase ás costas da defensa que Sergio Díez transformou cun remate cruzado.

Nun barullo na área puido marcar a Ximnástica á volta de pausa, pero estivo atenta a defensa e Coke para evitalo. A réplica viguesa foi cun envío de Hugo González que petaba en Angel Arcos e tiña que sacalo Oliva. Coa Ximnástica Segoviana á busca do segundo, golpeou o Celta Fortuna. Foi nun córner que cabeceou de xeito espectacular Gael Alonso desde a frontal da área pequena para culminar a remontada.

Quedaba moito partido, pero o Fortuna tivo moito oficio. A ocasión máis clara foi para Tincho, que rematou arriba. E, no minuto 50, quinto de engadido, coa Ximnástica envorcada, Jordi Escobar non perdoou á contra, para establecer un 1-3 que certifica a cuarta vitoria seguida dos vigueses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade