O Celta perde co Español (0-2) e complica as opcións europeas
Decidiron dous goles de Roberto nun partido en que os vigueses non estiveron atinados de cara ao gol
Primeira derrota en Balaídos desde o mes de xaneiro, que acaba coa serie de 8 xornadas invictos
Minuto a minuto
Ás 18:30h comeza o partido de Balaídos. Celta-Español
Este é o XI inicial que vai presentar Claudio Giráldez no encontro:
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#CeltaEspanyol ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/h4F5equCmT
— RC Celta (@RCCelta) April 12, 2025
E este é o XI inicial do galego Manolo González no Español:
📋 𝐉𝐚 𝐭𝐞𝐧𝐢𝐦 𝐚𝐥𝐢𝐧𝐞𝐚𝐜𝐢𝐨́!
— RCD Espanyol de Barcelona (@RCDEspanyol) April 12, 2025
▶️ Aquest és l’11 de Manolo González#RCDE #CeltaEspanyol pic.twitter.com/mbmiQBUYpS
Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Español
Entrou mellor ao partido o Español, que domina territorialmente e xa tivo un par de achegamentos perigosos á área de Guaita
Primeiro achegamento do Celta, cun remate colocado de Alfon que lle saíu algo frouxo, e que parou Joan García
Remata Hugo Sotelo incorporado ao ataque, e rexeita a defensa a saque de banda
GOL do Español. Cando mellor estaba o Celta, marca Roberto asistido por Puado. Celta 0-1 Español
Ten que sacar Guaita a córner un perigoso remate de Edu Expósito
Ocasión do Celta cun remate de Fran Beltrán que detén Joan García
Párase o partido porque hai un afeccionado que precisa atención médica
Falta a prol do Celta que tira Mingueza, e estrela o balón na barreira
Descanso en Balaídos. Celta 0-1 Español
Remate desde a frontal da área de Pablo Durán, para abaixo Joan García
Disparo de Iago Aspas desde a frontal, e paradón de Joan García para impedir o empate
GOL do Español. Outra vez Roberto amplía a renda cando o Celta buscaba o empate. Celta 0-2 Español
Outro disparo de Alfon, e outra parada de Joan García
E volve salvar Joan García outro remate de Alfon á saída dun córner
Remate de Fer López ao traveseiro!!
E outra clara ocasión de Fer López. Agora remata arriba un centro de Ilaix Moriba
Final do partido. O Celta volve perder nove xornadas despois e complica as opcións de clasificarse para Europa. Decidiu o acerto de Roberto de cara á porta