Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol asegura o play off, e o Celta Zorka Femxa segue na pelexa pola permanencia

O Baxi Ferrol asegura o play off, e o Celta Zorka Femxa segue na pelexa pola permanencia

As ferrolás aseguran a loita polo título malia á contundente derrota co Zaragoza, grazas á picada do Gernika

 

G24.gal 12/04/2025 20:43

O Baxi Ferrol acadou a clasificación para o play off da Liga Feminina malia a contundente derrota ante o Zaragoza, 48-79. Entre a calidade do rival e o cansazo polo partido do mércores contra o Estudiantes, as de Lino López nunca tiveron opcións de vencer. Perderon todos os cuartos e non lanzaron un tiro libre ata os derradeiros dez minutos.

Malia todo, ovación da Malata ás súas xogadoras porque a unha xornada para o final aseguraron a presenza no play off e, polo tanto, na competición europea a vindeira temporada, grazas á inesperada derrota do Gernika.

E así se despediu o Celta Femxa Zorka da súa afección. Derradeiro partido da temporada en Navia e vitoria ante o Ardoi. Vitoria cómoda ante un equipo xa descendido. O Celta foi liderado por Cooper, con 15 puntos, e por Haidara, tamén con 15 puntos, 13 rebotes e 29 de valoración, que foi así a mellor do partido. Un parcial de 13-5 no segundo cuarto asegurou o triunfo.

A unha xornada para o final da Liga regular, as viguesas están fóra dos postos de descenso, cos mesmos puntos que o Araski e o IDK. Pechan a temporada na cancha do poderoso Valencia Basket.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade