Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi cae nun axustado final (69-68) e terá que agardar para entrar no play off

O Baxi cae nun axustado final (69-68) e terá que agardar para entrar no play off

O Estudiantes logrou a quinta vitoria consecutiva para meterse na sexta posición

O equipo ferrolán queda no oitavo posto e buscará sumar unha vitoria máis nas dúas xornadas que quedan para o remate da liga regular

G24.gal 09/04/2025 22:02

O Baxi Ferrol terá que agardar unha xornada máis para asegurar a súa presenza no play off polo título. Tiña a primeira oportunidade para certificalo na pista do Estudiantes pero perdeu por un axustado 69-68 despois dunha prórroga. 

O partido foi moi igualado entre dous equipos que chegaban nun bo momento sumando catro vitorias seguidas. Ao descanso o resultado marcaba un 23-24 e aos cinco minutos do terceiro cuarto seguía empatado (31-31). No final dese período o Estudiantes conseguiu unha diferenza de cinco puntos (43-38) que chegou a ser de nove no último cuarto (57-48). Sete puntos consecutivos de Pospisilova (57-55) devolveron a emoción ao partido. E unha tripla de Blanca Millán (59-59) forzou a prórroga. 

No tempo suplementario o Estudiantes volveu a coller o mando grazas a cinco puntos de Camilion. O Baxi respondeu e volveu a empatar (66-66) cunha nova tripla de Millán. Aos últimos segundos chegouse cun 69-68 e posesión para o cadro ferrolán. Tivo dous lanzamentos para gañar pero Mestres e Mataix non atinaron co aro rival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade