Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Balonmán Cangas gaña seis xornadas despois e fuxe do descenso

O Balonmán Cangas gaña seis xornadas despois e fuxe do descenso

Os galegos derrotaron ao Torrelavega (29-25) nun final espectacular no Gatañal

Foto: @roberpastoriza8
G24.gal 12/04/2025 20:59

Na Liga Asobal, o Gatañal volveu festexar unha vitoria do Cangas. O Frigoríficos do Morrazo levaba cinco derrotas consecutivas e esta tarde superou o Torrelavega nun partido que se decidiu nos últimos dez minutos.

Un parcial de 7-3 liderado por Fodorean, máximo goleador do partido con sete tantos, deixou o marcador no 29-25 final. O Cangas chega os 18 puntos na clasificación, e volve distanciarse no descenso logo da mala serie que facía urxente o triunfo. Arestora, o conxunto galego ten unha vantaxe de catro puntos sobre o posto de promoción de permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade