Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moyano: "A nosa prioridade é a liga, pero queremos facer historia na Copa"

Moyano: "A nosa prioridade é a liga, pero queremos facer historia na Copa"

Tras encadear cinco derrotas, o Frigoríficos viu como a súa vantaxe sobre a zona de descenso se reduciu a só dous puntos

G24.gal 07/04/2025 14:08 Última actualización 07/04/2025 14:18

O adestrador do Frigoríficos do Morrazo, Nacho Moyano, afirmou este luns, na véspera de recibir ao Ademar León na eliminatoria a partido único dos oitavos de final da Copa do Rei, que “a prioridade” do seu equipo está no partido ligueiro do próximo sábado contra o Bathco Torrelavega.

“A serie de resultados negativos que levamos colocounos na zona quente da táboa porque os de abaixo están a gañar e iso púxonos nunha situación de alerta máxima para os próximos partidos. Agora mesmo o noso foco está centrado ao cen por cento na liga, esa é a nosa prioridade”, indicou en conferencia de prensa.

Tras encadear cinco derrotas, o Frigoríficos viu como a súa vantaxe sobre a zona de descenso reduciuse a só dous puntos. Por diante, ademais, ten un calendario durísimo porque, tras recibir ao equipo cántabro, terá que afrontar dúas saídas complicadas ás pistas de Cuenca e Nava.

“Gañar sempre digo que che leva a gañar, por iso un bo primeiro paso para preparar o partido de Torrelavega, que para nós é a máxima prioridade desta semana, sería competir ao cen por cento ante o Ademar”, incidiu.

O técnico madrileño recoñeceu que o seu equipo está “ferido” e “doído” pola derrota sufrida o pasado sábado no Palacio dos Deportes de León, onde, ao seu xuízo, competiron “ben” pero acabaron pagando a “mala xestión” dos últimos minutos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade