Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo perde na pista do pechacancelas Huesca (31-28)

O Frigoríficos do Morrazo perde na pista do pechacancelas Huesca (31-28)

O equipo galego comezou dominando o partido pero sufriu unha crise goleadora na segunda metade na que estivo dez minutos sen marcar

G24.gal 23/03/2025 23:40

O Cangas Frigoríficos do Morrazo perdeu por 31-28 na pista do Bada Huesca, equipo que pecha a clasificación da Asobal e que con este triunfo volve soñar coa permanencia. Unha seca goleadora de máis de dez minutos no segundo tempo foi unha lousa demasiado pesada para o equipo galego. 

Comezou dominando o Cangas que colleu unha boa vantaxe de tres goles mediado o primeiro tempo (5-8). Antes do descanso o Huesca conseguiu equilibrar o marcador e foise ao tempo de lecer con empate (15-15). No equipo local destacaron Javier Borragán e Miguel Malo que anotaron 18 dos 31 goles do Huesca. Grazas ao seu acerto o conxunto aragonés empezou a marchar no marcador. Aproveitou unha dobre exclusión no Cangas (Santi López e Omar Sherif) para facer un parcial de 6-0 (23-17) no momento de curtocircuíto visitante en ataque. O Bada Huesca manexou a diferenza e malia que o Frigoríficos do Morrazo recuperou ao final non tivo opcións de meterse no partido. 

Jaime Gallardo, con 7 goles, e Mads Thymann, con cinco, foron os máis destacados en ataque do Cangas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade