Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luisito, destituído do Compostela despois de sumar un punto en cinco partidos

Luisito, destituído do Compostela despois de sumar un punto en cinco partidos

O técnico deixa o cadro santiagués a cinco puntos da permanencia con seis xornadas por xogar

Secho, que o ano pasado ascendeu co Bergantiños a 2RFEF, será o seu substituto

G24.gal 25/03/2025 19:45

O periplo de Luisito no Compostela durou cinco partidos. Un punto sumado sobre quince posibles e un gol marcado nas cinco xornadas foi considerado pola directiva do conxunto santiagués como unha bagaxe moi cativeira. Decidiron buscar un segundo revulsivo para tentar salvar a categoría na Segunda Federación. Agora mesmo o Compos atópase a cinco puntos da permanencia con só seis xornadas de marxe e un partido decisivo o vindeiro sábado diante do Llanera. 

Luisito chegou hai cinco partidos, cando o equipo estaba fóra dos postos de descenso directo e cun partido pendente diante do Fabril. A situación era complicada cando marchou Alejandro Permuy pero no tempo que estivo Luisito como técnico volveuse dramática. Non só o Compostela deixou de sumar puntos senón que os seus rivais directos tiveron unha gran reacción, algo que complica o futuro do club na categoría. 

O substituto de Luisito é Secho. O adestrador de Porto do Son atopábase sen equipo despois de ascender o ano pasado o Bergantiños á 2RFEF. Secho ten pasado nas categorías inferiores do Deportivo, onde tamén foi adestrador asistente do primeiro equipo. Tamén como asistente pasou polo Club Deportivo Lugo. Outro dos seus traballos destacados foi dirixir á selección galega sub 18. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade