Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo saca a cabeza a costa dun Compostela en caída libre

O Coruxo saca a cabeza a costa dun Compostela en caída libre

Willy e Borja Marchante marcaron os goles no primeiro tempo

O Compostela xogou case unha hora con dez por expulsión de Ocaña

G24.gal 16/03/2025 18:58

O Coruxo saca a cabeza na estrea de Javi Fernández como adestrador. Gañoulle por 2-0 a un Compostela que continúa en caída libre, que suma cinco xornadas sen gañar e que con Luisito só conseguiu un punto de nove posibles. 

O partido quedou resolto no primeiro tempo cos goles de Willy e de Borja Marchante. Para colmo de males o Compostela xogou con dez case unha hora pola expulsión de Ocaña que derrubou na frontal da área a Álex Pérez. 

No segundo tempo apenas houbo fútbol. O Coruxo deixoulle a iniciativa a un Compostela que non conseguiu xerar perigo sobre a portería de Alberto Domínguez malia buscar o seu adestrador todo tipo de solucións. O Coruxo distánciase dun descenso no que se atopa afundido o Compostela que vai ter unha gran final o vindeiro mércores diante do Fabril no partido adiado (en directo na G2 e Agalega.gal). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade