Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo desaproveita claras ocasións para empatar diante do Ávila (0-1)

O Coruxo desaproveita claras ocasións para empatar diante do Ávila (0-1)

Carlos Pascual marcou o único gol do encontro e no segundo tempo perdoaron Hugo Rodri e Andriu as mellores opcións

G24.gal 02/03/2025 13:51

O Ávila levou os puntos do campo do Vao (0-1) e consolida a súa presenza como o terceiro clasificado. O Coruxo complica a súa situación clasificatoria despois dun partido no que mereceu mellor sorte. O primeiro tempo non deixou demasiadas ocasións. No minuto 37 o central Carlos Pascual rematou á rede un córner. 

Na segunda metade o Coruxo tivo o control pero non conseguiu marcar o tanto do empate. E iso que gozou de dúas grandes ocasións. Unha de Hugo Rodri despois dun rexeite do porteiro visitante. E outra de Andriu contra o final do partido que salvou o gardameta do Ávila cunha gran parada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar