Cargando resultados...
O Coruxo non deu aguantado a vantaxe do gol de Álex Pérez (1-1)
O Laredo, pechacancelas da categoría, empatou cun golazo de Héctor Tirado xusto antes do descanso
G24.gal
16/02/2025 19:01
O Coruxo non deu derrotado o pechacancelas Laredo e deixou escapar unha gran posibilidade de meter terra polo medio cos postos de descenso. Comezou dominando o partido e froito dese bo fútbol chegou o gol inicial de Álex Pérez no minuto 17. Equilibrou o partido o conxunto cántabro, en gran forma malia o complicado da súa situación clasificatoria. Marcou o gol do empate Héctor Tirado cun remate cruzado que entrou pola escuadra. Na segunda metade houbo menos achegamentos de perigo, co Coruxo levando a iniciativa pero sen facer dano na porta visitante.