O Coruxo cae pola mínima en Soria (1-0)
O Coruxo cae pola mínima en Soria (1-0)
Un gol solitario de Christian Dieste na primeira metade resultou decisivo
O Coruxo non puido sacar nada do difícil campo do Numancia, equipo que se coloca momentaneamente no máis alto do grupo primeiro da Segunda Federación, antes de que xogue o Pontevedra.
Os vigueses plantáronlles cara aos numantinos, e aguantaron a igualada ata o treito final da primeira metade. Foi aí, no minuto 42, cando Christian Dieste anotaba o que sería único gol do encontro logo dunha xogada de Góngora. Certo é que, ata entón, so conseguiran achegarse timidamente nunha acción a balón parado, mentres as mellores ocasións eran para o conxunto local.
Na segunda parte, os mesmos protagonistas do gol volvéronse asociar e estiveron a piques de ampliar a renda, pero Dieste non chegou ao pase de Góngora. O Numancia seguiu dominando, pero o marcador quedou no 1-0, que non lle serve ao Coruxo para abandonar o posto de play out.