O Bergantiños deixa fuxir a vitoria contra o Raio Cantabria no 98' (3-3)
O Bergantiños deixa fuxir a vitoria contra o Raio Cantabria no 98' (3-3)
O equipo galego remontou despois de quedar cun home máis, xa no 93'
O Raio Cantabria aínda tivo tempo de empatar por medio de Dani
O Bergantiños non puido co Raio Cantabria nun partido con alternativas, no que conseguiu culminar a remontada xa no tempo engadido, pero recibiu o empate final no minuto 98.
Os galegos adiantáronse mediada a primeira metade, logo dun penalti que transformou Ramos. Pero o filial cántabro igualou antes do descanso. Foi cunha xenialidade de Quincala. Recibiu o balón no centro do campo, foi adiantado a Santi Canedo e bateuno desde case 50 metros.
Logo do descanso, o Raio Cantabria colocábase con vantaxe. Foi nunha acción que rematou á rede Ángel. Pero, xusto a seguir, quedaban con dez por expulsión de Gomeza. Quedaban aínda 40 minutos, e o Bergantiños buscou e remontada, ata que Omar empataba no minuto 72. O 3-2 tardou en chegar, e non foi ata o minuto 93, cando Antañón acadaba un auténtico golazo.
Parecía que a vitoria quedaba en Carballo, pero aínda faltaba un último xiro de guión. No minuto 98, Dani anotaba o 3-3 final, que deixa o Bergantiños con 24 puntos, tres por riba do posto de play out.