Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela perde co Valladolid Promesas (1-0) e pecha o ano mirando cara abaixo

O Compostela perde co Valladolid Promesas (1-0) e pecha o ano mirando cara abaixo

Os galegos encaixaron no minuto 6 un gol de Jorge Delgado

Despois, tiveron que xogar 70 minutos con 10 tras a expulsión de Selasi

G24.gal 21/12/2024 18:17

O Compostela pechou a primeira volta cunha derrota nos Anexos do José Zorrilla. Nun partido en que chegaba a un punto do Valladolid Promesas, e coa oportunidade de marchar á parada do Nadal ollando cara aos postos de promoción de ascenso e non ao de play out. Pero un mal inicio, cun gol á contra e unha rigorosa expulsión, condénaos a quedar a tiro do Coruxo.

Porque o guión do encontro escribiuse nos primeiros minutos. No 6, un córner local rematábano dúas veces os pucelanos: Jorge Delgado, que saltaba na área pequena, era quen de recoller o rexeitamento de Rabanillo para marcar á boca de xerro o que sería único gol. E, despois, Selasi viu dous cartóns por dúas faltas, as únicas que cometeu, no centro do campo. A primeira, no minuto 16. E a segunda, no 19, deixaba aos de Permuy con 10 para o resto do encontro.

Malia a isto, o Compostela mantivo opcións ata o final. Porque os locais, cos que volvía Álvaro Rubio despois de facerse cargo do primeiro equipo durante o último mes, especularon e conservaron a renda todo o que puideron. E tamén porque, nas únicas ocasións claras para ampliar a renda, Rabanillo estivo espectacular, evitando que chegase o tanto da sentenza.

Pero os santiagueses non foron quen de crear perigo máis aló dalgunha acción puntual, e o un a cero mantívose ata o final. O Compostela queda con 22 puntos logo da primeira volta, máis pendente da zona baixa ca dos postos de privilexio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos