Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Durán comanda o fin de festa contra a Real no fortín de Balaídos (2-0)

Pablo Durán comanda o fin de festa contra a Real no fortín de Balaídos (2-0)

Os de Claudio Giráldez despiden o ano cun novo triunfo na casa

O Celta achégase aos postos europeos antes da parada de Nadal

G24.gal 21/12/2024 18:00

O Celta despide o ano cun novo triunfo en Balaídos. Diante da Real Sociedade, rival que xoga en Europa e besta negra dos vigueses nos últimos tempos, o conxunto vigués deu un golpe de autoridade antes da parada polo Nadal.

Nun partido en que Claudio Giráldez volveu amosar a súa personalidade con varios cambios, dándolle entrada a homes como Sergio Carreira, Alfon e Pablo Durán, o protagonista foi este último. Marcou os dous goles no treito final da primeira metade. O primeiro, unha obra de arte desde a frontal da área. E, aínda antes do asubío final, ampliaba a renda co segundo tanto. 

Na continuación, Pablo Durán puido saborear o hat trick, pero o seu terceiro tanto foi anulado por un fóra de xogo no inicio da xogada.

Nos minutos finais, o Celta conservou a renda, e resistiu as acometidas dunha Real Sociedade que foi claramente superada polos celestes. O Celta chega á parada con 24 pntos en 18 xornadas, e metido na pelexa por achegarse aos postos europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar