5 mortos e 209 feridos en Alemaña, atropelados por un médico saudita de ultradereita
5 mortos e 209 feridos en Alemaña, atropelados por un médico saudita de ultradereita
Arredor de corenta persoas permanecen en estado grave ou moi grave
O ataque durou menos de dous minutos; foi o que tardou o condutor asasino en percorrer 400 metros atropelando a canta xente puido... este venres no mercadillo de nadal de Magdeburgo, no leste de Alemaña. Dúas persoas morreron no acto, entre elas un pequeno de nove anos, e máis de duascentas persoas quedaron feridas, tres das cales morreron pouco despois no hospital.
O autor do ataque loitaba contra o islamismo e a inmigración
A policía detivo ao condutor un minuto despois, cando trataba de manobrar para seguir atropelando xente. O presunto terrorista foi identificado como Taleb Al Abdulmohsen, un médico psiquiatra de 50 anos, orixinario de Arabia Saudita pero asilado en Alemaña desde 2006. O detido era coñecido polo seu activismo anti islamita e anti inmigración nas redes, desde posturas próximas ás da ultradereitista Alternativa para Alemaña.
O trasfondo do crime puido ser, como dicilo?, a insatisfacción co trato aos refuxiados de Arabia Saudita en Alemaña, pero o que hai máis aló deste é o obxecto actual da investigación, dixo o fiscal xefe de Magdeburgo.
O chanceler alemán, Olaf Scholz, pediu unha investigación a fondo
A zona do atentado foi visitada este sábado polo xefe do goberno alemán, pendente das eleccións do próximo febreiro. Olaf Scholz dixo que estaba conmovido pola traxedia.
Qué acto tan terrible é matar e ferir a tanta xente, con tanta brutalidade. Agora sabemos que máis de 200 persoas quedaron feridas, e cinco morreron ata o de agora. Unha cifra incrible, arredor de 40 persoas están moi graves e debemos estar moi preocupados por elas", afirmou no lugar do atentado o chanceler alemán, quen pediu unha investigación a fondo das motivacións do autor.
A policía investiga como puido chegar o coche ao mercadillo
A policía pensa que o atacante actuou solo, sen cómplices. Tamén investigan como puido chegar un coche á zona de seguridade do mercadillo.