Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un atropelo múltiple nun mercadillo de Nadal en Alemaña deixa polo menos un morto

Un atropelo múltiple nun mercadillo de Nadal en Alemaña deixa polo menos un morto

A policía detivo o condutor dun vehículo que se lanzou a toda velocidade contra a multitude

O portavoz do Goberno rexional de Sajonia-Anhalt dixo que podería ser un atentado

As primeiras hipóteses falan de máis de 60 feridos

G24.gal 20/12/2024 20:54 Última actualización 20/12/2024 21:53

Polo menos unha persoa morreu e varias resultaron feridas nun atropelo múltiple nun mercadillo de Nadal en Magdeburgo no leste de Alemaña. Non hai datos oficiais pero os medios locais falan máis de 60 feridos. 

A policía detivo o condutor dun vehículo que se lanzou a toda velocidade contra a multitude.

O portavoz do Goberno rexional de Sajonia-Anhalt, Mathias Schuppe, confirmou o suceso á televisión rexional MDR e dixo que podería ser un atentado pola maneira en que se produciu.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade