Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Os días pasan e en breves vai empezar a escasear a comida", afirma o pai das muradás atrapadas en Mayotte

"Os días pasan e en breves vai empezar a escasear a comida", afirma o pai das muradás atrapadas en Mayotte

As irmás Carina e Carla Sendón, veciñas de Muros, son dúas das tres galegas atrapadas en Mayotte

O pai das muradás atrapadas en Mayotte
G24.gal 20/12/2024 16:14

Un ciclón arrasou con todo na illa de Mayotte, no canal de Madagascar. As autoridades calculan que hai centos ou miles de vítimas mortais. Tampouco hai auga, infraestruturas nin funcionan as comunicacións. 

Alí seguen atrapados medio cento de españois, entre eles tres galegas: unha veciña de Sandiás e dúas irmás de Muros. O pai destas dúas irmás pide que as repatrien canto antes. Di que están ben fisicamente, pero que o perderon case todo, e que escasean os víveres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade