Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pídelle a Europa que exclúa do acordo o atún de libre comercio con Tailandia

Rueda pídelle a Europa que exclúa do acordo o atún de libre comercio con Tailandia

"Non pode ser un elemento de intercambio darlle portas abertas ás exportacións dende Tailandia cara Europa do atún, porque as condicións non son as mesmas", explicou o presidente da Xunta

Alfonso Rueda mantivo unha xuntanza coa xunta directiva de Anfaco-Cecpesca

G24.gal 28/03/2025 14:19

O presidente da Xunta reuniuse coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de peixes e mariscos, Anfaco. Alfonso Rueda e o conselleiro do Mar escoitaron as principais preocupacións do sector, entre elas a negociación do acordo de libre comercio entre a UE e Tailandia, que afecta directamente a Galicia.

Rueda pídelle a Europa que exclúa do acordo o atún.

"Non pode ser un elemento de intercambio, de negociación, darlle portas abertas ás exportacións dende Tailandia cara a Europa do atún, porque as condicións non son as mesmas, os requisitos que se lle esixe á industria pesqueira en Europa, que son moi estritas en materia de sostibilidade, garantías laborais, respecto ecolóxico, todo iso hai que seguir preservándoo", asegurou Rueda. 
 

O sector conserveiro goza de boa saúde, cun aumento da produción dun 0,7 por cento durante o ano pasado e tamén da facturación por riba dun 5 por cento. Cifras que poderían perigar pola falta de man de obra que sofre esta industria e que podería afectar á súa produtividade.  

Fronte á caída xeneralizada das vendas de peixe, o consumo das conservas nos fogares españois aumentou en máis dun tres por cento durante o pasado ano. 

As exportacións son na maior parte as responsables da boa saúde do sector. Con todo moitas empresas xa buscan novos mercados ante o temor a unha nova imposición de aranceis por parte da administración Trump. 

Os envíos de conservas ao exterior superaron o ano pasado as 233.000 toneladas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade