Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresarios e traballadores do sector conserveiro europeo únense contra a competencia desleal

Empresarios e traballadores do sector conserveiro europeo únense contra a competencia desleal

Demandan que a Unión Europea non abra as portas a empresas asiáticas que, segundo eles, non cumpren coas normas de sustentabilidade nin respectan os dereitos laborais

G24.gal 24/10/2024 13:25

Con 12.000 empregos directos, a industria conserveira galega lidera o sector en Europa. Detrás, Italia e despois Portugal suman xuntos 20.000 postos de traballo e o 92 % da produción da UE en latas de peixe e marisco. Agora as patronais dos tres países e os sindicatos únense para reclamar a defensa do sector.

"Agora mesmo existe un proceso aberto de negociación con países como Indonesia, Filipinas e Tailandia. Con Vietnam a UE xa asinou un acordo de libre comercio e paradoxalmente a poucas semanas levántanlle unha tarxeta amarela por pesca ilegal", Roberto Alonso, secretario xeral de Anfaco-Cecopesca.

"E non se trata só de respectar as normas medioambientais", di Massimo Albanese, o representante sindical italiano, "tamén se trata da saúde dos consumidores, e da dignidade laboral das persoas ás que representamos".  

O acordo asinado en Santiago está promovido precisamente polos representantes dos traballadores que, matizan, "non están en contra do libre comercio".

"Do que si estamos en contra é de que eses acordos se poidan converter en competencia desleal fronte ás empresas de Europa", Sebastián Serena, secretario do sector alimentario de UGT-FICA. 

Roberto Alonso, o Secretario xeral de Anfaco-Cecopesca engade: "Xa competimos a un 50 % con outros países, así que se esta liña de traballo se abre a máis países con serias dúbidas de cumprimento das normas, pois a preocupación é máxima".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade