Publicador de contidos

Publicador de contidos

Albares propón destinar activos rusos conxelados á reconstrución de Ucraína

Albares propón destinar activos rusos conxelados á reconstrución de Ucraína

Reúnense en Madrid os ministros de Exteriores do chamado G5+

O PP pídelle ao Goberno unha reunión coa cúpula militar para falar de defensa

G24.gal 31/03/2025 14:47

Os ministros de Exteriores do chamado G5+, os principais países da Unión Europea co Reino Unido e Ucraína, reuníronse este luns en Madrid. Pídenlle a Putin que acepte xa o cesamento do fogo, e aos Estados Unidos que lle meta máis presión a Rusia para acabar coa guerra.

José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores español, propón, ademais, empregar os activos rusos conxelados "para axudar a Ucraína".

Nesta reunión tamén se falou da defensa europea ante a ameaza de Rusia. O voceiro do Partido Popular, Borja Sémper, pediulle este luns ao Goberno que convoque a Alberto Núñez Feijóo "para reunirse, incluso con membros do goberno presentes, coa cúpula militar para analizar entre todos a situación e os pasos a dar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade